Datos personais

Juan Raña, estudante do 1º curso do Grao de Mestre en Educación Primaria

viernes, abril 27, 2012

1.¿Qué é unha WebQuest?

1- Bernie Dodge (1995), creador das WebQuest e profesor de tecnoloxía
educativa da San Diego State University define as WebQuest como "unha
actividade de investigación na que a información coa que interactúan
os alumnos proven total ou parcialmente de recursos da Internet".

2- Yoder (1999), define as WebQuest como "un tipo de unidade
didáctica… que incorpora vínculos á World Wide Wide Web. Aos alumnos
preséntaselles un escenario e unha tarefa. normalmente un problema
para resolver ou un proxecto para analizar. Os alumnos dispoñen de
recursos como Internet e pídeselles que analicen e sinteticen a
información e que cheguen ás súas propias solucións creativas"

3- Para Watson (1999), as WebQuest consisten en "presentarlle ao
alumno un problema cun conxunto de recursos preestablecidos polo autor
da mesma, que adoita ser o seu profesor, de xeito que evite a
navegación simple e sen rumbo do alumnado a través da World Wide Web".

4- Starr (2000), dí que as WebQuest son como unha versión reducida do
que as persoas adultas fan no seu traballo, fora dos muros da escola.

5- Tom March (2003), define as WebQuest como unha estrutura de
aprendizaxe guiada, que utiliza enlaces a recursos da Web. É unha
tarefa moi útil para potenciar a iniciativa e motivar a investigación
do alumnado, desenrolando a súa vez nos alumnos, o coñecemento
individual e a participación nun proceso grupal. Coa finalidade de
transformar a información adquirida en coñecemento.

6- Jordi Ardell (2004), en Internet en el aula, di que "unha WebQuest
é unha actividade didáctica atractiva para os estudantes que lles
permite desenrolar un proceso de pensamento de alto nivel. Trátase de
facer algo coa información: analizar, sintetizar, comprender,
trasnformar, (...). A tarefa debe ser algo máis que simplemente
contestar preguntas sobre feitos ou conceptos e copiar o que aparece
na pantalla do ordenador nunha ficha".

7- Manuel Area Moreira (2005), investigador do Laboratorio de
Educación y Nuevas Tecnologías da Universidad de La Laguna, expón no
seu estudo Una estrategia de aprendizaje por descubrimiento basada en
el uso de internet, que unha WebQuest é "a aplicación dunha estratexia
de aprendizaxe por descubrimento guiado a un proceso de traballo
desenrolado polos alumnos empregando os recursos da World Wide Web".

8- Pola súa parte, Emilia Rodríguez García, no seu traballo WebQuest:
una metodología para enseñar con Internet, da tres posibles
definicións:
- "Modelo de aprendizaxe extremadamente simple e rico para propiciar o
uso educativo de Internet, basado na aprendizaxe cooperativa e en
procesos de investigación para aprender".
- "Actividade enfocada enfocada á ivnestigación, na que a información
empregado polos alumnos é, na súa maior parte, descargada de Internet.
Básicamente é unha exploración dirixida, que culmina coa produción
dunha páxina Web, onde se publica o resultado da investigación".
- "Metodoloxía de aprendizaxe basada principalmente nos recursos que
nos proporciona Internet que incitan aos alumnos a investigar, [á vez
que] potencian o pensamento crítico, a creatividade e a toma de
decisións, contribúen a desenrolar diferentes capacidades levando así
aos alumnos a transformar os coñecementos adquiridos".


Definición propia de WebQuest:
Unha WebQuest é como unha estratexia didáctica, unha metodoloxía ou
unha actividade, que pode englobar varias tarefas de selección,
discriminación, traballo colaborativo, propostas de materiais
didácticos atractivos... Persiguen varias finalidades, como
transformar a información en coñecemento, potenciar o traballo
colaborativo, autonomía... Todo isto vai encamiñado á interacción dos
alumnos cos recursos da Web, previamente seleccionados polo profesor.


3. ¿Por que se dí que as WebQuest utilizan principios constructivistas?
Porque aínda que todo o proceso estea guiado polo mestre, son os
alumnos os verdadeiros protagonistas da súa aprendizaxe, construíndo o
seu propio coñecemento a partir do traballo cooperativo e dos recursos
establecidos polo propio profesor. Ademais disto, está o proceso de
avaliación (o que Moskal, no ano 2000, deu en chamar "avaliación
auténtica"), que xulga os coñecementos e destrezas adquiridos do mesmo
xeito e no mesmo contexto que no "mundo real". Deste xeito, non só se
valora o produto final, senón tamén as habilidades transversais
necesarias para levar a cabo a actividade.



4. ¿Qué se entende por "proceso de andamiaje" (scaffolding)? ¿Qué
relación tienen las WebQuest con los procesos de andamiaje?