Datos personais

Juan Raña, estudante do 1º curso do Grao de Mestre en Educación Primaria

jueves, abril 12, 2012

Actividade 2

Que é un edublog e para que serve?


O termo edublog é a conxunción das palabras education e blog, e emprégase para definir, seguindo a Tíscar Lara (reputada autoridade no tema), a "aqueles weblogs que teñen como finalidade principal apoiar un proceso de ensino-aprendizaxe en contextos educativos".


Serve principalmente para iso, para facer de soporte no que apoiarse á hora de desenrolar o profesor ou mestre os contidos (e habilidades) que se desexen, xa sexa como lugar de debate, como foro de preguntas, como taboleiro de información...


Que tipos de ferramentas ou programas podemos empregar para a creación dun blog?


Á hora de crear un blog existen tres alternativas: traballar en servidores propios tendo todo o control sobre as aplicacións (WordPress, Flashblog...); traballar nun sistema pechado e gratuíto (Blogger -neste caso-, Blogia, Blogsome...); ou traballar cun blog integrado nunha plataforma de e-learning (Moodle, .LRN...).


Cales serían os usos dun blog dentro dunha pedagoxía construtivista?


Distintos xeitos de empregar un edublog, sempre na liña do que comenta Tíscar Lara en Usos de los blogs en una pedagogía constructivista (amén dalgunhas licenzas persoais):


- Como fío de comunicación directo co alumnado, ben sexa a través de enquisas, de comentarios, avisos en forma de entradas, etc., converténdose así o mestre no guía que precisan os alumnos para ir construíndo o seu propio coñecemento.
- Como medio para proporcionar aos alumnos apuntes e diversos materiais de interese (en forma de temario puro e duro, apuntes complementarios, datos de interese, vídeos explicativos, etc.)
- Como maneira de organizar e moldear o seu propio coñecemento, converténdose o alumnado en si mesmo en autores do blog, encargados cada un de desenrolar un tema ou parte del.
- Como "foro de debate", pois as posibilidades que nos brindan os blogs para a organización da conversación (e á hora de aportar información extra) son moi grandes.
- Como ferramenta para mellorar o traballo en equipo (con blogs compartidos), con todo o que iso conleva en canto á adquisición de competencias.


Ademais disto, a manutención dun blog persoal permite traballar outros aspectos de forma transversal, alén dos puramente académicos: a responsabilidade de actualizaclo periódicamente e mantelo ao día; retratar a baixeza moral de quen plaxia ou pisa información allea; coidar unha identidade en liña...

No hay comentarios:

Publicar un comentario