Datos personais

Juan Raña, estudante do 1º curso do Grao de Mestre en Educación Primaria

Estrutura dun edublog

Cando falamos dun blog, estamos a falar dunha ferramenta bastante potente en canto ás opcións que che da. Pero á hora de levar adiante un edublog non todas nos interesan. Así, obviando as características básicas que calquera blog debe ter (cabeceira, entradas, arquivo, etc.), a estrutura dun edublog podería constar dos seguintes elementos:

- Unha clara estruturación e xerarquización da información, en forma de links ás entradas e ás páxinas creadas. Unha boa adición podería ser un buscador para atopar entradas ou páxinas no propio blog (sobreenténdese a correcta etiquetación das mesmas).
- A adición dun blogroll, así como links a outras webs, con recursos interesantes, non só necesariamente en canto a información, senón como exemplos do que son outros sitios web que poidan servir de inspiración.
- A inclusión dunha TagBoard como zona de discusións "rápida" ou "sinxela".
- Unha ferramenta TokBooth para posibilitar deixar mensaxes de vídeo ou audio.
- A incorporación dunha "barra de vídeo", con clips de vídeo incluídos que poidan ser de interese para reforzar un tema, para inspirar un traballo ou para explicar unha determinada cuestión (tutoriales, incluso), sen que os usuarios teñan que abandonar a páxina.
- A utilización de enquisas tamén pode ser moi útil, sobre todo tratándose dun blog de aula.
- Engadir presentacións introdutorias (PowerPoint, Prezi...).

E en xeral calquera adición que poida aportar dinamismo e claridade á hora de proporcionar información, sempre partindo dunha boa estruturación e colocación dos elementos.